13 de nov. de 2014

OBRADOIRO DE MAÍNZOS.

MATERIAL









PREPARACIÓN





Monecos de maínzo:
 Cóllese unha mazaroca e átase a folla cara á punta con fío na dirección da barba ou pelo do maínzo. De seguido córtase a folla da parte de abaixo, se se quere que sexa un moneco, deixando unha pequena separación co fío co que se amarrou. Agora xa só falta facerlle un corte de pelo ou peiteado e poñerlle lazos, etc.

 Moneca de folla de millo:
 Faise enrolando as follas de millo e dobrándoas polo medio, procurando darlle forma de cabeza; átase por onde vai ser o pescozo e quedan aínda follas para facer o corpo; despois dobramos outras follas, enrolándoas sobre si mesmas, atámoslles as puntas e metémolas entre as follas que baixan da cabeza, amarrándoas fortemente por debaixo e xa temos os brazos; facemos outra vez o mesmo para as pernas e con outras 4 ou 5 follas cortadas a medida facémoslle unhas saias todo ao redor dela e atámola á cintura, por debaixo dos brazos simulando un cinto; facémoslle o pelo cos pelos da mazaroca e tapámolo cunha folla coa parte da base da espiga, facendo de pano ou gorro que se prolonga polas costas e amarramos ao pescozo.

MAGOSTO 2014

Finalmente animamonos a celebralo magosto.

 A palabra magosto, designa unha celebración festiva e popular, tradicional en toda Galicia, organizada en torno á recollida das castañas.


O magosto realizábase tradicionalmente o primeiro de novembro, día de Tódolos Santos, se ben en Ourense, por maduraren máis tarde as castañas, atrasouse ata o día 11, San Martiño. Na actualidade celébrase en calquera data comprendida entre a segunda quincena de Outubro e a primeira de Novembro, converténdose na festa do outono por excelencia, e incorpóranse diversos alimentos, coma chourizos e outros produtos elaborados nas matanzas do porco coincidentes con estas datas. Tampouco adoitan faltar as sardiñas asadas.
O magosto celebrábase tradicionalmente nun claro do mesmo souto, comezando a primeira hora da tarde coa recollida de leña e castañas. Facíase unha ou varias fogueiras con paus e frouma para conseguir brasas dabondo para asar as castañas; outras veces era na eira ou nun rueiro amplo, cos vellos na cociña da casa e os mozos na rúa. Era costume que as mozas trouxeran as castañas e os mozos o viño; noutros casos os mozos achegaban todo e as mozas ían convidadas. Aínda que había que picar (ou sinalar) as castañas antes de botalas nas brasas, non faltaba quen botaba algunha enteira, para que estoupase na cara de quen as andaba a remexer, cousa que os participantes celebraban lanzando aturuxos. Por fin, no remate da festa, os máis rapaces xogaban a tisnarse coas mans cheas de feluxe mentres que mozos e adultos cantaban e bailaban, nalgúns casos saltando sobre os restos da fogueira.
Grazas aos asadores de castañas.

Grazas ás sinaladoras


Grazas as colaboradoiras e colaboradores.