29 de xan. de 2025

BISCOITO 🍊

 Hoxe tivemos merenda especial na escola. Fixemos un biscoito de laranxa traballando matemáticas (medidas), linguaxe (as recetas como tipo de texto), experiencias sensoriais (gusto, olfato, tacto…), e sobretodo vida práctica ámbito fundamental nestas idades. 

Para acompañalo incorporamos ademais zume de laranxa, leite (variando esta semana o iogur como lácteo) e cacao puro, ofrecendo un exemplo dunha alternativa un pouco máis saludable. 

























28 de xan. de 2025

CRAconvivencia FIGUEIRIDO E PAREDES

 

Hoxe tivemos connosco na escola ao alumnado de Figueirido e Paredes. Viñeron a visitar o MUV e a realizar actividades diversas en relación o mesmo e as súas obras. 
Gracias a isto o alumnado de Pousada participou en dous obradoiros de arte. 
- O primeiro obradoiro foi inspirado na obra de Misha Bies Golas. En primeiro lugar observamos a obra, reflexionamos sobre ela e verbalizamos o que nos transmitía, a qué nos evocaba....Logo creamos as nosas propias obras en 3 formatos diferentes: pintura, composicións de obxectos individuais e composición en grupo. Engadimos ademais a actividade a fotografía das nosas composicións e incluso a edición, sendo o alumnado o responsable tanto de fotografiar como de editar as imaxes. 
- O segundo obradoiro estivo inspirado na obra de Jorge Barbi, creando obras a partir de manchas tal e como el facía coa fotografía de cacas de gaivota. Para este obradoiro empregouse a pantalla dixital, acuarelas e rotuladores para crear as súas obras artísticas partindo de manchas. 

O mellor do día foi poder relacionarnos, interaccionar, xogar e coñecer un pouco máis os nosos compañeiros e compañeiras das outras escolas.