8 de maio de 2026

Polos, pitiños!🐓 🥚 🐣🐥

                                                        

Comezamos un novo proxecto plurilingüe na escola arredor dos poliños e das galiñas. Preparamos o ambiente para investigar, observar e documentarnos, enchendo os recantos de libros, imaxes e materiais relacionados co mundo das aves. Mais sentiamos que aínda faltaba algo importante… os protagonistas da historia!

A idea de traer unha galiña á escola non quedou descartada, pero apareceu outra proposta igual de emocionante: unha incubadora. Así que pedimos axuda á teacher Rosalía, que casualmente coñecía unha moi especial: a de Lidia, Iván e Nico.

Nun tempo récord, Nico, Lidia e Iván viaxaron desde Curtis ata San Adrián de Cobres para deixar os ovos fecundados que trouxo Alejandro da súa casa. Agora comeza a verdadeira aventura!

Durante os próximos 21 días teremos moito traballo: controlar a temperatura e a humidade, aprender a darlle a volta aos ovos e rexistrar todos os cambios que vaiamos observando. Estamos desexando vivir este proceso e, sobre todo… ver nacer os pitiños!

                                                 



































7 de maio de 2026

Vexo Vexo Xacobeo!

Hoxe tivemos a visita de Raquel Mèndez e Borja Guerrero à nosa escola a travès do programa de Vexo Vexo Xacobeo do Plan Proxecta +.

Burlón e trovador, eran as personaxes representadas por Raquel e Borja, que a través da dramatización, do baile e da música contaban a historia do Códice Do camiño ( temática do camiño de santiago) da editoria OQO dun xeito moi ameno e divertido.

Previamente a esta actividade achegamoa ao noso alumnado una cole cementos previos sobre o Camiño de Santiago: orixes, elementos máis característicos....

Para pechar esta xornada decoramos a nosa propia cuncha de vieira. Esta cuncha será levada  ao roteiro que faremos en Xuño en Pontesampaio e que forma parte dunha das etapas do Camilo de Santiago Portuguès.