30 de out. de 2023

RECEITA 🎃

 Nesta ocasión observamos a cabaza por dentro. Falamos do ciclo da vida, tocamos, cheiramos… coñecemos as partes: placenta, polpa, pel, pedunculo… e o seu uso. Estimamos… cantas pepitas terá esta cabaza? E comprobamos. 

Aproveitamos a polpa para comer, e ti que receita a sabes con cabaza??? 

Chamamos ao alumnado da escola de Bertola para que nos expliquen a súa receita de madalenas de cabaza, anotamos e levamolas a cabo estrenando a nosa nova cociña!!! 



































25 de out. de 2023

MARCADORES BIBLIOCRA

 Dende o 24 de outubro (Día das bibliotecas) todo o alumnado dispón na BIBLIOCRA dun marcador que nos axudará a manter a biblioteca ordeada. Estes foron elaborados na escola inspirándonos no proxecto de centro e no vivido nel pero tamén no lema deste año das bibliotecas: unha biblioteca en viñetas. 

Foi unha moi boa oportunidade para traballar tamén a parte artística gracias a fotografía, o escenario dos perxonaxes (Galo, galiña e raposo) e a creación de historias pero tamén a linguaxe oral e linguaxe escrita achegándonos o cómic como tipo de texto. 

Achegadevos a velos porque cada un ten unha trama diferente, dende unha historia de amor ata un final dramático. 










CABAZA: ARTE, COR E MIL FORMAS 🎃

 Presentamos a cabaza como froito de outono pero tamén polo importante papel que ten no Samaín como celebración cultural. 

Para iso e gracias o material elaborado dende o Equipo de dinamización de lingua galega, préstamos moita atención as cabazas que tiñamos na escola aportadas polas familias. Así puidemos identificar o tipo de cabaza que era e coñecer o nome. 

Logo realizamos unha actividade artistica para poñer aínda mais atención nas características de ditas cabazas: cores, formas… Estade atent@s porque estarán presentes nos vindeiros días en exposición. 
















MOMENTOS DE OUTONO 🍂🌰

 Aproveitamos os recursos naturais do outono para incluir na aula actividades de natureza diversa: psicomotricidade, conteo, seriación, clasificación, vocabulario… Velaquí algún exemplo! 




















O MORCEGO 🦇

 Un novo animal aparece na aula pero a través do seu esqueleto que se suma o dos animais xa coñecidos e traballados (por ser parte da  fauna da contorna e visitar a escola). Deste xeito investigamos sobre o MORCEGO e comparamos o seu esqueleto co de outros animais e incluso o humano permitindonos traballar sobre o esquema corporal. Ademais presentamos así a celebración do samaín.