2 de dec. de 2024

VISITA Á BIBLIOCRA 1º trimestre

“Unha mañá de experiencias”

A profe Marta, a BiblioteCRAria principal, explicounos como é a BiblioCRA, cómo se organizan os libros, como os podemos atopar e como debemos empregar o marcalugar  para volver a colocalos no seu sitio. Amosounos que hai libros de música, de natureza, do corpo… e logo contounos “Los libros non se comen”.

En CRAcreando a profe Yoli tíñanos unhas propostas chulísimas organizadas en distintas estacións, que desenvolvimos co profe Luis, a profe Conchita e Borja. As nosas favoritas foron as de Lego e o adorno de Nadal de cartón cortado coa PlayMake e decorado con rotus e brillantes.

#PolosCreativos

Hoxe no tempo para cantar con Luis, cantamos a panxoliña, preparando o festival.

Coa profe Ana preparamos unha felicitación vexetal para Silverio, mentres con Rosalía escribimos unha postal de Nadal en inglés para a EOI de Navalmoral de la Mata (Extremadura) e con Henar unha en galego para a residencia de Maiores de Vilaboa. Mentres co profe Luis creamos una adornos de Romeu para a árbore de Correos que cheiraban…. cheiraban xenial.

Camiñamos xuntos ata o concello onde merendamos e recibimos a visita do alcalde.

Logo visitamos a Silverio, menuda sopresa! quedou encantado coa nosa felicitación vexetal de romeu e herbaluisa. Dixo que a ía colocar na súa casa na mesa. Aproveitamos para mercar unhas plantiñas para Pousada.

Logo volvimos á BiblioCRA e tivemos tempo para xogar, ler contos… e ás 13:30 petou María a carteira, viña recoller a árbore de Nadal cos adornos e a abrirnos a oficiña para votar as cartas no buzón.


Unha mañá completísima!
























































































Ningún comentario:

Publicar un comentario