3 de dec. de 2024

MARISCAMOS

 Hoxe chegamos á escola á mesma hora que as mariscadoras estaban chegando á praia así que baixamos a observar, investigar e ata axudar! Unha saída á contorna próxima.

Fixémolo en pequenos grupos para facilitar o desprazamento pero non puidemos rematalo co último grupo, volveremos con máis calma! 

E, logo para recuperar forzas... Os nosos compañeiros e compañeiras recibíronnos cunha nova merenda:  batido de plátano 🍌 




















Gracias as mariscadoras por tan boa acollida e ensinarnos berberechos, ameixas, caranguexos, caralletes, camaróns… e ata que levan froita para merendar e ter enerxía! 


Ningún comentario:

Publicar un comentario