A escola de Pousada, forma parte do C.R.A plurilingüe de Vilaboa, Consuelo González Martínez.
- HOXE NA ESCOLA
- PROXECTO DA AUGA
- PARA ÁS FAMILIAS
- SAMAÍN
- FESTIVAIS
- CONTOS
- PROXECTO EMOCIÓN-ARTE
- PROXECTO: O NOSO CORPO
- NADAL E OUTRAS CELEBRACIÓNS
- OS CASTELOS
- COÑECE A NOSA ESCOLA
- DIVERSIDADE E EDUCACIÓN EN VALORES
- QUÉ ANIMALADA!
- EDUCACIÓN AUDIOVISUAL
- PROXECTO:ABELLAS
- PROXECTO DA PREHISTÓRIA
- PROXECTO DO UNIVERSO
- PROXECTO ÁFRICA
- Aproximación á LECTOESCRITURA
19 de xuño de 2025
DESPEDIDAS
Describímosvos a dinámica levada a cabo como despedida para o alumnado que marcha a Riomaior. Comezamos co libro “tesoros” que describe como o noso camiño pode estar cheo de elementos preciosos e especiáis (unha pedra, unha flor…) pero que o máis importante é a compañía, o amor e o recordo que eles nos evocan.
Logo fixemos a entrega ao alumnado da súa caixa de tesouros identificada co seu boneco de asamblea que os acompañou na escola durante estes anos (e que eles identifican como parte da súa identidade) ademais vai acompañada de dous elementos do noso patio (a area e o romeu para que tamén nos evoque a escola a través do olfato). Por último a caixa vai chea de amor con mensaxes e debuxos do alumnado e titoras.
O alumnado deixou pegada na escola por iso tamén vai acompañado dun libro de fotos no que observar como creceron durante estés 3 años e como grasas a eles teñen actividades como a primeira edición de pousachef, a cabana no bosque….
Gracias pequenos por facelo posible! Voltade por Pousada porque xa é a vosa casa.






































































