Gracias a visita dunha familia de Barciela puidemos presentar o millo. Debullamos, fixemos fariña e peneiramos. Será xenial poder seguir empregandoo nas seguintes actividades.
A escola de Pousada, forma parte do C.R.A plurilingüe de Vilaboa, Consuelo González Martínez.
- HOXE NA ESCOLA
- PROXECTO DA AUGA
- PARA ÁS FAMILIAS
- SAMAÍN
- FESTIVAIS
- CONTOS
- PROXECTO EMOCIÓN-ARTE
- PROXECTO: O NOSO CORPO
- NADAL E OUTRAS CELEBRACIÓNS
- OS CASTELOS
- COÑECE A NOSA ESCOLA
- DIVERSIDADE E EDUCACIÓN EN VALORES
- QUÉ ANIMALADA!
- EDUCACIÓN AUDIOVISUAL
- PROXECTO:ABELLAS
- PROXECTO DA PREHISTÓRIA
- PROXECTO DO UNIVERSO
- PROXECTO ÁFRICA
- Aproximación á LECTOESCRITURA
29 de set. de 2023
25 de set. de 2023
🍂🌰PRIMEIRA SAÍDA Á CONTORNA
Demos un paseo pola contorna prestando moita atención os cambios de outono e a flora que fomos atopando. Recollemos follas das árbores para xogar a identifícalas e tamén froitos: castañas, noces… observamos moitas viñas, moito millo, castiñeiros, unha noceira, unha figueira, maceiras….
Unha gran experiencia como primeira saida na que tamén aproveitamos para recoller lixo e incidir en valores de coidado do medio.
22 de set. de 2023
UVAS 🍇
Aproveitamos unha conversa espontánea sobre a vendimia para iniciarnos no traballo con froitos de outono e flora autóctona.
Traballamos vocabulario propio como: vide, acio, viña, parra.. e tamén procesos relacionados coa vendimia: maquinaria que se emprega, pisado das uvas…
Traballamos outros aspectos como o conteo, primeiro estimando… cantas uvas terá este acio? anotando e comprobando a nosa hipótese. Realizamos una actividade artística e sensorial e… non nos esquecemos de papar as uvas!!
13 de set. de 2023
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)