O pasado xoves contamos coa visita da nosa querida mestra María que viu acompañada do seu forno solar.
Tivemos moita sorte porque o día foi perfecto para poder levar a cabo o noso propósito, derretir chocolate.
Utilizamos plátano para a degustación pero tendo en conta a diversidade de alimentos que nos ofrece a natureza, aproveitamos para recolectar outras froitas do noso patio e probalas: moras, fresas,..
Moitas grazas profe María polo teu súper invento e por acompañarnos esta mañá tan divertida.