O MUV xa chegou á sede do CRA!
A escola de Pousada, forma parte do C.R.A plurilingüe de Vilaboa, Consuelo González Martínez.
- HOXE NA ESCOLA
- PROXECTO DA AUGA
- PARA ÁS FAMILIAS
- SAMAÍN
- FESTIVAIS
- CONTOS
- PROXECTO EMOCIÓN-ARTE
- PROXECTO: O NOSO CORPO
- NADAL E OUTRAS CELEBRACIÓNS
- OS CASTELOS
- COÑECE A NOSA ESCOLA
- DIVERSIDADE E EDUCACIÓN EN VALORES
- QUÉ ANIMALADA!
- EDUCACIÓN AUDIOVISUAL
- PROXECTO:ABELLAS
- PROXECTO DA PREHISTÓRIA
- PROXECTO DO UNIVERSO
- PROXECTO ÁFRICA
- Aproximación á LECTOESCRITURA
28 de feb. de 2023
MUSEO VIRTUAL
23 de feb. de 2023
DÍA DE ROSALÍA
Conmemoramos o día de Rosalía achegándonos a autora de diferentes xeitos. Comezamos pola súa presentación e retrato, pasando por algunha obra musicalizada como o poema “o moucho” ao que migallas pon voz, cantamos e bailamos. Ademáis coñecemos algún aspecto da sua vida como o seu lugar de nacemento e escribimos coma ela algunha palabra sacadas da sua obra. Con todo isto montamos una exposición chea de cor.
17 de feb. de 2023
VENRES DE ENTROIDO
Como non podía ser doutro xeito, comezamos o día bailando e amosando os nosos disfraces. Logo saímos a contorna provistos de instrumentos que anunciaran o comezo do entroido, demos un paseo, merendamos e xogamos. Á volta estaban moitas familias esperándonos para desfrutar de doces de entroido e varias propostas: arte exterior, elaboración de colares, pintura facial… Moitas gracias a todas as familias que pasaron o día connosco! gracias tamén a Nuria por ese arte facial! Desfrutade moito do entroido ♥️
16 de feb. de 2023
XOVES DE ENTROIDO
Chegamos a escola cheos de complementos, tal e como o meco nos indicou. Ademáis Aproveitamos o día para coñecer un pouco máis os boteiros e o fulión de viana do bolo, decorando algunhas moncas e percutindo en instrumentos! Estamos preparadisimos para a festa de mañá!
VEXO VEO XACOBEO
Coñecemos cousas moi interesantes sobre camiño, os peregrinos, que cousas precisamos levar para facelo, incluso que se pode beber dunha cabaza!!! Todo isto grazas a actividade veco vexo xacobeo a cal rematamos pintando a nosa pegada no camiño. Moitas gracias pola visita!