Vestimos e eleximos a expresión facial.
Falamos e contamos como nos sentimos hoxe na escola.
Eleximos a cor que representa como nos sentimos hoxe, cada día diferente.
A escola de Pousada, forma parte do C.R.A plurilingüe de Vilaboa, Consuelo González Martínez.
Aquí vos deixo algún cartaz, das que a foto tenta representar como nos sentimos cando somos víctimas de violencia aínda que sexa nun pequeno grado. Eles e elas foron quen de identificar acción de violencia que poden pasar incluso desapercibidas se non existe reflexión, xa que os fai sentirse mal.
A tristura é unha emoción natural que todos e todas sentimos. Estes días estamos a falar de cando nos sentimos tristes e a ler contos relacionados coa tristura. Tamén observamos cuadros de distintos autores.