A escola de Pousada, forma parte do C.R.A plurilingüe de Vilaboa, Consuelo González Martínez.
- HOXE NA ESCOLA
- PROXECTO DA AUGA
- PARA ÁS FAMILIAS
- SAMAÍN
- FESTIVAIS
- CONTOS
- PROXECTO EMOCIÓN-ARTE
- PROXECTO: O NOSO CORPO
- NADAL E OUTRAS CELEBRACIÓNS
- OS CASTELOS
- COÑECE A NOSA ESCOLA
- DIVERSIDADE E EDUCACIÓN EN VALORES
- QUÉ ANIMALADA!
- EDUCACIÓN AUDIOVISUAL
- PROXECTO:ABELLAS
- PROXECTO DA PREHISTÓRIA
- PROXECTO DO UNIVERSO
- PROXECTO ÁFRICA
- Aproximación á LECTOESCRITURA
29 de abr. de 2018
25 de abr. de 2018
VIDA E MORTE EN CHARCAUGA
Ver o que sucede día a día na charca da Escola permítenos descubrir a vida e ás veces tamén a morte, esta vez apareceu morto un dos PEIXES. É o ciclo da vida, que descubrimos con naturalidade.
24 de abr. de 2018
Pedriñas no CAMIÑO
A natureza é fonte de aprendizaxe espontáneo, uns decoran as pedras, mentras outra nena clasificaba por cores de xeito libre. Máis tarde pasou un neno por alí e contou cantas levaban decoradas.
EN ABRIL CONTOS MIL: un golfiño conta a historia dun golfiño
A aprendizaxe entre iguais ten sempre un resultado excelente, e hoxe o noso golfiño máis vello quixo ler un conto aos seus compañeiros e compañeiras, un momento moi especial para todo o grupo que disfrutaron dun xeito moi especial. Aquí tendes unha pequena mostra de ese intre.
21 de abr. de 2018
EN ABRIL CONTOS E POLOS MIL
Perdido? é un conto que nos levou ata o POLO SUR, da man de Nieves.
E... Sabedes onde está o polo Sur?
Agora si. E para celébralo trouxeron polos para todos e todas.
Grazas, familia!
19 de abr. de 2018
18 de abr. de 2018
14 de abr. de 2018
O NOSO ÁLBUM
Cada neno e nena ten os seus intereses e é fundamental respétalos e aprovéchalos para que realicen actividades más que a motivación intrínseca sexa o motor.
Cada quen fixo o seu álbum, pero de distintos temas, porque cada un ten os seus intereses.
13 de abr. de 2018
EN ABRIL CONTOS MIL
As familias contades.
Hoxe " Coas mans baleiras".
Hoxe é o aniversario de Mario e convidou a Alba a merendar na súa casa. Xa é case a hora, pero Alba non sabe que regalarlle. Polo camiño, busca algo que lle poida gustar ao seu amigo
Non sempre o máis fermoso é o máis difícil de atopar e tampouco é necesario buscalo moi lonxe. Esta historia preséntanos valores moi afastados dos que a sociedade de consumo nos trata de impor. Un libro sobre un agasallo imperecedoiro: a amizade.
Grazas familia!.
11 de abr. de 2018
10 de abr. de 2018
BIBLIOTECA DE AULA
O préstamo de libros e a animación a lectura iniciase cada venres ao principio da mañán, escoller libro é un intre especial, un momento de tranquilidade adicado á lectura de imaxes e títulos de contos.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)