20 de mar. de 2018

RECUNCHOS CON CONTIDO DIDÁCTICO

Semellazas e diferencias, correspondencias e equivalencias son conceptos matemáticos que podemos adquirir utilizando material estructurado ou non estructurado, por iso temos recunchos con diversidade de material e son os nenos e nenas os que seleccionan que queren facer, favorecendo a motivación e respectando a individualidade.
       





18 de mar. de 2018

LORO GRIS DE COLA VERMELLA



A aprendizaxe entre iguais mellora a capacidade comunicativa do neno ou nena que ten que contar aos compañeiros e compañeiras o que sabe , mellorando a imaxe que ten de si mesmo e mellorando a sua autoestima, ao tempo que perde o medo aos erros. Non se trata de saber de memoria algo senón de falar e contar coas tuas palabras.
Por otra banda os nenos e nenas que deben realizar unha escoita activa conectan dun xeito especial co neno ou nena que lles explica algo, polo que a aprendizaxe de uns a outras realizase dun xeito natural.

17 de mar. de 2018

XOGAMOS COAS TIRAS CUISENAIRE

Son as grandes protagonistas das matemáticas con materiais manipulativos . Con elas poden  xogar  a partir dos  2-3 anos.

Temos regletas de dous tipos, as Cuisenaire e as de Maria Antònia Canals (MAC), que se diferencian básicamente pola color. 

Os obxectivos destas actividades son traballar os conceptos de lonxitude (curto/Longo), atopar equivalencias numéricas, asociar a grafía dos números ata o 10 coas regletas correspondientes, realizar sumas sinxelas e a equivalencia numérica, ademáis de que se familiaricen coas regletas e aprendan as suas cores e tamaños.


       

12 de mar. de 2018

ACHEGAMENTO Á LECTOESCRITURA: XOGAMOS COAS PALABRAS



A lectura global consiste na percepción e o recoñecemento global das palabras escritas.Nesta primeira etapa os nenos e nenas aproximanse a linguaxe escrita como código comunicativo. Tentamos que  sexan capaces de recoñecer palabras escritas e adquirir conciencia de que a escritura serve para representar a linguaxe oral. Desenrolase,polo tanto, a habilidade para recoñecer as palabras dun modo global, percibindoas como un todo e relacionándoas co seu significado.

10 de mar. de 2018

OBRADOIRO DE ROBÓTICrA


SEMANA DA PRENSA E DÍA DA MULLER 2018



Dian Fossey naceu en 1932 en Fairfax, California. Os seus pais George e Kitty separaronse cando ela era pequena. Dian vivía coa sua nai, que voltou a casar.
 Dian amaba os animais. Pero non lle deixaban ter animais na casa, só un peixe de cores ao que ela cuidaba .
Nin siquiera lle deixaron ter un hamster que lle regalou un compañeiro de clase.

Dian acabou a enseñanza secundaria en 1949  e matriculouse no "Marin Junior College" para estudiar economía, algo que fixo presionada polo seu padrastro. Ela o atopaba terriblemente aburrido.

Tralo seu primer ano na universidade lle ofreceron a oportunidade de ir a traballar nun rancho de Montana durante o verán. Alí pudo recuperar a sua pasión polos animais e a natureza.

Desta forma decidiou que ela seguiría o seu propio camiño e no 1950  matriculóse en veterinaria na Universidade de California. A ela lle gustaba especialmente a bioloxía, pero o pasaba bastante mal coas chamadas  "ciencias duras", como a física e a quimica, polo que no segundo ano decidiu abandonar esta carrera.

En 1952 probou sorte matriculándose no "San Jose State College" para realizar estudios de terapia ocupacional, pues tamén lle atraía a idea de traballar con ninos e nenas que tuveran algun tipo de problema o discapacidade. Conseguiu graduarse en 1954.


Desexando sair de California, atopou un traballo como terapista ocupacional no hospital de Kosair, en Louisville, Kentucky. Alí coñeceu a unha muller  chamada Mary White, que era secretaria no hospital e ambas fixeronse amigas. Nunha ocasión Mary invitou a Dian a viaxar con ela Africa, pero  Dian non tiña cartos.

Decidiu aforrar cartos para ir a Africa.

En 1963 por fin fixo a viaxe. Esta viaxe lle cambiaría a vida, e descubriría a sua verdadeira vocación: proteger e coñecer aos gorilas.