A escola de Pousada, forma parte do C.R.A plurilingüe de Vilaboa, Consuelo González Martínez.
- HOXE NA ESCOLA
- PROXECTO DA AUGA
- PARA ÁS FAMILIAS
- SAMAÍN
- FESTIVAIS
- CONTOS
- PROXECTO EMOCIÓN-ARTE
- PROXECTO: O NOSO CORPO
- NADAL E OUTRAS CELEBRACIÓNS
- OS CASTELOS
- COÑECE A NOSA ESCOLA
- DIVERSIDADE E EDUCACIÓN EN VALORES
- QUÉ ANIMALADA!
- EDUCACIÓN AUDIOVISUAL
- PROXECTO:ABELLAS
- PROXECTO DA PREHISTÓRIA
- PROXECTO DO UNIVERSO
- PROXECTO ÁFRICA
- Aproximación á LECTOESCRITURA
28 de abr. de 2017
19 de abr. de 2017
18 de abr. de 2017
CONSTRUINDO EN TRES DIMENSIÓNS
O pensamento egocéntrico e sincrético provoca unha serie de efectos á hora de
percibir o espazo:
- Só perciben un espazo acorde coas súas propias DIMENSIÓNS, IMAXINACIÓN e INTERESE.
- Percibe o espazo tal e como o pensa e non como o ve.
- Dificultade de lateralización. O espazo divídese en catro partes:
diante, detrás, dereita e esquerda.
8 de abr. de 2017
SEGUE O TEU CAMIÑO
Cada neno e nena debuxáronse a si mesmos e no outro lado da folla algo que lles gustaba.
Despois debían facer un camiño sinuoso para chegar á súa meta.
Unha vez debuxado o fixemos con distintos elementos, unha actividade para mellorar a habilidade óculo-manual, a pinza e a motricidade fina que ao mesmo tempo fai de exercicio de relaxación e concentración.
7 de abr. de 2017
XOGAMOS COA BOLIÑAS DE ALGODÓN
Xogamos a clasificar en distintos recipientes as boliñas de algodón atendendo a un só criterio: a cor.
E agora... Cantos temos de cada cor?
UN EXPERIMENTO NADA LENTO
Onte deixamos un bloque de materia moi dura dentro dun recipiente con auga.
Hoxe descubrimos que estaba algo MOL.
Mário díxonos que ese material era barro.
Canto disfrutamos coa arxila!.
Estamos á espera do AVÓ MANOLO para aprendermos a traballar o barro.
5 de abr. de 2017
2 de abr. de 2017
CÍRCULOS DE ACUARELA
Iniciámonos no uso da acuarela decorando os planetas do sistema solar, actividade que require control de trazo e prensión, moita paciencia e tranquilidade, concentración e ter interiorizados os pasos a seguir para cambiar de cor. Nunha sesión posterior etiquetaremos cada un dos planetas e realizaremos un pequeno xogo de cartas para asociar imaxe e grafía.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)