24 de maio de 2016

O CEREBRO DO TEU FILLO OU FILLA

 Álvaro Bilbao publica o libro "El cerebro del niño explicado a los padres" con explicacións sinxelas e unha linguaxe adsequible para entender como o que facemos para educar aos nosos fillos e fillas afectalles dun xeito determinado.

Aquí tendes un  pequeno resumo.( prema no título)

ASI FUNCIONA O CEREBRO DO TEU FILLO OU FILLA

10 de maio de 2016

AS NOSAS VERSIÓN DOS CUADROS DE HENRI ROUSSEAU

Henri Rousseau pintou todas as cores vivas das plantas e da natureza, de forma que estes modelos de vestido de moitos dos seus cadros máis populares. El pinta con ton suave, con liñas afiadas e limpas e contornos claros. Os seus cadros teñen ollar inxenuo e  pero unha forza e sinxeleza que fai del un grande artista.
Nós utilizamos o collage e ceras brandas para esconder os nosos animais e aínda que a parte máis interesante foi o proceso de elaboración aquí vos deixamos algunhas mostras do resultado final.
 



4 de maio de 2016

DÍA DE MAIO




MAIO 2016

Elaboramos os nosos colares de pampullos, un traballo de motricidade fina ( coordinación óculo-manual) que disfrutan moitísimo.


Un ano máis agradecer a colaboración ás familias que se achegaron a traballar no maio e que no día anterior recolleron as frores e outros materiais para elaborar o maio.


E cantamos o maio!!!!