A escola de Pousada, forma parte do C.R.A plurilingüe de Vilaboa, Consuelo González Martínez.
- HOXE NA ESCOLA
- PROXECTO DA AUGA
- PARA ÁS FAMILIAS
- SAMAÍN
- FESTIVAIS
- CONTOS
- PROXECTO EMOCIÓN-ARTE
- PROXECTO: O NOSO CORPO
- NADAL E OUTRAS CELEBRACIÓNS
- OS CASTELOS
- COÑECE A NOSA ESCOLA
- DIVERSIDADE E EDUCACIÓN EN VALORES
- QUÉ ANIMALADA!
- EDUCACIÓN AUDIOVISUAL
- PROXECTO:ABELLAS
- PROXECTO DA PREHISTÓRIA
- PROXECTO DO UNIVERSO
- PROXECTO ÁFRICA
- Aproximación á LECTOESCRITURA
28 de nov. de 2012
21 de nov. de 2012
APAÑAMOS MILLO NA VEIGA DE DIEGO
Descubrir o millo dentro do follato e apañar entre todos e todas as espigas foi unha grande experiencia. Xa na escola debullamos e aínda que ao principio resulta díficil... o conseguimos!.
MILLARADA
Potenciar a observación e exploración de forma activa, iniciarse na formulación de hipóteses, coñecer a través dos distintos sentidos diferentes materiais e as suas caracteristicas, identificar as situacións nas que se precisa medir e interesarse polos instrumentos de medida e as cualidades do millo, crear novos xoguetes. Isto e moito máis nas nosas xornadas de millarada!!!.
VISITA AO MUIÑO
Visitamos os muiños dos Batáns do Rio Maior, alí
coñecimos a Manolo que nos enseñou como funciona o muiño, o nome das distintas
partes que o compoñen e moeu millo para nós, apañamos unha bolsa de
fariña!. Despois merendamos xunto ao
río.
MAGOSTO 2012.
Un ano máis celebramos o Magosto e degustamos unhas deliciosas castañas,
criollos e pan de millo. Os xogos populares coas familias: buxainas, corda,
goma, bolas, castañoca e o pano, fixeron desta unha xornada inolvidable.
O CULLARAPO CROQUE.
Visitounos Miguel Angel Alonso e o seu libro “O cullarapo Croque”, e da sua man achegamonos ao seu mundo de poemas.Facede clic neste enlace e escoitade o autor falando do seu libro e @s nen@s recitando.
O CULLARAPO CROQUE
O CULLARAPO CROQUE
15 de nov. de 2012
7 de nov. de 2012
SAMAÍN 2012
E como o Samaín marcaba no calendario celta a chegada do inverno e as noites escuras e medoñentas, atrevemonos a visitar a habitación do terror: compartimos e aceptamos os nosos medos e emocións e sobre todo enfrentamos a eles.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)