7 de mar. de 2026

Xardín de Rosalìa

 Na nosa escola, o venres conmemoramos o Día da Natureza cunha actividade moi especial para o noso alumnado, realizando unha pequena plantación xunto cos nenos e nenas no Xardín de Rosalía de Castro, un espazo que inauguramos ese mesmo día. Parte deste xardín xa estaba preparado con anterioridade e tiñamos moitas ganas de darlle o toque final. Porén, decidimos agardar para inauguralo coincidindo co Día da Natureza e ademais, quixemos render así unha homenaxe a Rosalía de Castro, unha autora moi vencellada á natureza e que amosaba na súa obra un grande amor e respecto por ela. Durante a plantación, os nenos e nenas puideron participar activamente, aprender sobre o coidado das plantas da man de Papoula Floristería, e reflexionar sobre a importancia de respectar e protexer o noso entorno natural. Foi unha experiencia moi bonita que, ademais de achegalos á natureza, lles permitiu sentirse parte do coidado deste novo espazo.

Esta actividade foi posible grazas á colaboración do ANPA, a quen queremos agradecer especialmente a súa implicación, axuda e o grande labor que realizan sempre apoiando as iniciativas do centro.


















6 de mar. de 2026

La semilla Valiente

Hoxe tivemos unha visita moi especial na escola. A nai de Helena veu compartir con nós un conto que ela mesma inventou para introducir a actividade de plantación que imos realizar.

O conto titúlase “La semilla valiente” e fala dunha pequena semente que, con paciencia e valentía, consegue medrar e converterse nunha planta forte. Mentres ela nos contaba a historia, fomos vendo as ilustracións proxectadas na pantalla dixital, o que fixo que todos os nenos e nenas estiveran moi atentos e interesados.

Encantounos escoitar o conto e descubrir como, igual que a semente da historia, as plantas precisan coidados, tempo e cariño para medrar. Esta actividade serviunos para preparar a nosa plantación na escola.

Moitas grazas á nai de Helena por compartir con nós este fermoso conto e por axudarnos a aprender dun xeito tan especial.

"Y colorín, colorado, ¿plantamos algo juntos para que nuestro planeta esté más cuidado?