25 de nov. de 2024

25N. 💜

 Traballamos previamente ó día reflexionando a través de contos como Maruxa ou Artur e Clementina que dan visibilidade a conductas propias de violencia de xénero. Ademais este último está moi relacionado coa identidade, con ser como nos gusta ser e nos fai felices sen que ninguén condicione as nosas accions, un aspecto que se está abordando na aula no marco do proxecto “Mens sana in corpore sano”. 

Ademáis falamos da cor violeta, da “manifestación” do ano pasado e o sei cartel, podendo percatarnos de que lles resultou unha actividade moi significativa que aínda hoxe teñen presente, recordan, coñecen e saben explicar. 

Por último practicamos para a nosa “performance” deste ano para poder así interiorízala e compréndela, dándolle o verdadeiro sentido e traballando ao mesmo tempo outros aspectos relacionados coa orientación espacial, psicomotricidad e fina, linealidade, psicomotricidade grosa, lectoescritura…. 

Ese día, representánmolo para darlle visibilidade a comunidade e concienciar así sobre a súa importancia. 



















Ningún comentario:

Publicar un comentario