14 de abr. de 2020

CARTAS DENDE CASA


Por fin tivemos mensaxe do cole!!!!! Todos os días preguntabamos cando volveríamos a ter mensaxe para poder facer os experimentos tan divertides que nos propoñedes! Aínda que en vacacións tamén fixemos moitas cousas: recortamos, fixemos collages, galletas, axudamos a limpar a casa e, sobre todo, xogamos moito!!!!

Estivemos pensando en como lle axudamos á tartaruga a chegar a lúa pero non nos lembramos, por mais que pensamos non somos quen de saber a resposta! 🧐🧐

Hoxe pasámolo xenial pintando con patacas con formas, limóns e rolos de papel de distintas formas, quedáronnos unhas auténticas obras de arte!

Un bico!!!
Naira e Ariana




Ningún comentario:

Publicar un comentario