17 de out. de 2017

A ESCAVADORA

Hoxe apareceu no quinteiro do lado unha ESCAVADORA e estivemos moi atentos e atentas e cada quen coa sua idea do que van facer alí.
Seguiremos investigando.

OUTONO E ELEMENTOS DA NATUREZA

Tocar, sentir, observar, pensar, reflexionar, falar, descubrir...

ÁRBORES DE FOLLA CADUCA


Creamos con follas : árboles de OUTONO.

COMO SE FAI UN POZO

Descubrimos unha maquinaria que chamou a Nosa atención e estivemos a observar e facer hipótesis do que ían facer, finalmente descubrimos que era para facer un pozo.
Investigamos como se fai un pozo.

8 de out. de 2017

MANIPULAMOS E CREAMOS


GALLETELIAS


Unhas deliciosas galletas , feitas na casa, que compartiu con todos os nenos e nenas e que nos encantaron.

CASTAÑAS



Escribimos a adiviña para xogar con todos os que se achegarnos á escola e manipulamos os ourizos, que colocamos na parte de abaixo e contamos.
Xurdiu unha dúbida, canto pesarán todas estas castañas?, pesar, equilibrar, contar, ordear... As matemáticas resolven infinidade de dúbidas do noso día a día e o seu usó funcional nos fai adquirir esta competencia.

7 de out. de 2017

ADQUIRIR COMPETENCIAS

Algo aparentemente tan sinxelo non é tarefa fácil , un puzzle funcional, un problema a resolver.
Primer paso: colocación  e tentativa de pechar, pero non se pode.
Segundo paso: incapaz de comprender que algo está errado, o tenta unha e outra vez.
Terceiro paso: verbalización, " non pecha!"
Cuarto paso: pide axuda a un compañeiro, que tenta pechar e non pode.
Quinto paso: o sacan e volver a colocar na mesma posición ou virando as caras pero non a posición.
Sexto paso: piden axuda a outra compañeira, só di o neno " non entra!"
Séptimo paso: a nova axudante, observa e di " xa sei" o dirán e pechan.
É sinxelo ou non gardar un libro na carpeta?

Este é exemplo de un problema co que se atoran moitos venres e a súa resolución lles permite adquirir a competencia de autonomía.

EXPERIMENTO COS COGOMELOS

Este mes tivemos unha pequeña mostra de COGOMELOS , a entrada da escola e observamos que un  deles muda de cor cando o cortamos, ponse AZUL! , así que estivemos a investigar porque e chegamos a conclusión que é o aire como sucede coas mazás, ainda que ellas non se poñen azuis.
Na entrada seguen os libros para continuar a investigar e coñecer un poco máis dos COGOMELOS de Vilaboa.



MARMELOS E MARMELADA

Seguimos a identificar os froitos típicos do OUTONO , esta vez  da Terra de Cerdedo chegaron estes marmelos que observamos con atención para non confundirlos con mazás, con eles , e grazas a colaboración dunha familia que elaborou o MARMELO podemos levar cadanseu anaco para casa.
Na escola fixemos unha degustación con queixo, tod@s tivemos que facer a serie de dous elementos ( marmelo-queixo), e semella que foi todo un éxito. 





DEGUSTACIÓN DE FEIXOAS

Recoñecer está froita cos sentidos: unir, tocar, ver e degustar.
Aproveitamos a actividade para contar cantas quedaban no cesto e achegarnos ao termo " metade".
Fixemos unha correspondencia in situ para saber se tod@s tiñamos feixoa.
Nesta ocasión as comimos con culler, mellorando habilidades motrices.

VISITA AO NOSO MAGO

Un ano máis Berto mostrounos os seus animais de granxa, mostrounos como elabora o viño e como alimentar as galiñas, polo que aprendimos a diferencia entre a fariña para consumo humano e para as galiñas, feito con un muiño eléctrico.

1 de out. de 2017

RECICLAXE ACTIVO

Achegamonos aos colectores de vidro para entender onde vai o lixo que seleccionamos na escola, cada día e entender a cantidade de plástico que desbotamos cada semana, polo que faremos un seguimento semanal coa intención de disminuir esa cantidade.

       

MOSTO 2017