Bos días nenos e nenas, esta semana déixovos dous retos:
1- Un vídeo no que deberedes estar moi atentos para poder ir repetindo todas as palabras que vos van dicindo. Picade na imaxe.
2- Xogamos aos dados, déixovos un enlace para facer 3 dados, en cada dado podedes facer debuxos de diferentes cousas, por exemplo:
* accións: correr, comer, beber...
* obxectos: mesa, pelota, peite…
* persoas: avó, neno, bombeiro…
Despois tirádelos á vez e formades historias, coas tres imaxes que vos saian na parte de arriba de cada dado.
Exemplo:
BOA SEMANA!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario