24 de mar. de 2020

QUÉDATE NA TÚA CASA: 5ºproposta

Bo día: hoxe martes 24 de marzo de 2020 seguimos na  compaña da Primavera.
A lúa- invisible- deixoulle  o escenario enteiro ás estrelas que debuxan un amencer luminoso e pacífico.
Xa miramos que  Luna  fixo un debuxo de celebración desta vistosa estación. Estaredes con moitas ganas de topar bechos pola terra e polo ar.

Onte alguén fixo a descuberta da pregunta arbórea?

A resposta é que si que temos unha árbore moi alta e  que bota cada ano un piso. O seu nome é ARAUCARIA e ten o tronco moi  grande e a codia moi curiosa. Lembrade a sustancia pegañenta, a seiva da árbore, coa que xogabades o curso pasado. Leo e familia enviaron documentación gráfica da resposta.

A outra pregunta sobre si tiñamos árbores froiteiras é afirmativa. Temos unha Laranxeira, un Arándano, un Pexegueiro, unha Nogueira, unha Maceira, dúas Moreiras e unha árbore que da peladillos ou nectarinas.
Máis preguntas da primavera.

Temos en Patureza árbores ornamentais? 

Teremos algunha herba que nos poida sandar?

Cantas especies entre árbores e arbustos pensades que hai en Patureza?

O importante destas cuestións non é que as crianzas dean coa resposta correcta (ou que as persoas adultas dean a solución) se non que sexan quen de aventurar unha resposta.   É fundamental a importancia do proceso non o resultado final. Falade coas vosas fillas e fillos canto poidades e debatede, mantede –se fora o caso- posturas diferentes para que así as crianzas non vinculen o amor coa seu xeito de percibir a realidade. O feito de  manter posturas distintas pódenos enriquecer.  Se estiveramos na escola produciríase un debate e posteriormente iríamos verificar in situ a constatación das diferentes hipóteses de traballo. 

O XOGO É UNHA NECESIDADE VITAL DO SER HUMANO, UNHA ACTIVIDADE INDISPENSABLE PARA O DESENVOLVEMENTO DA PERSOA, UN MEDIO DE APRENDIZAXE ESPONTÁNEA, UN CAMPO DE EXPERIMENTACIÓN DE HÁBITOS INTELECTUAIS, FÍSICOS, SOCIAIS, MORAIS...E ISO SE FALAMOS TANTO DA NENA, DO NENO, COMO DA PERSOA ADULTA.
    
Consultade, se queredes, BRINQUEDIA, rede galega de xogo tradicional.

                                www.xogos populares.com






Ningún comentario:

Publicar un comentario