Outro día mais sen cole pero esperando con moita alegría a proposta do cole. Nada mais levantarnos da cama o primeiro que preguntan e se temos mensaxe de Begoña e hoxe por fin tiñamos un!!
Despois de asearnos e tomar o almorzo fixemos o calendario e hoxe decorámolo con anaquiños de goma eva. Mamá leunos a mensaxe de hoxe e puxémonos mán a obra: primeiro, tentar contestar as preguntas pero a primeira foi un pouco complicada e nos sabiamos a resposta, a ver se algún compañeiro a sabe! Coa segunda pensamos que acertamos porque cremos recordar que tiñamos algunha moreira polo patio, non si?
Despois baixamos o quinteiro (sorte que temos) e bucamos bichiños e flores. Os bichiños foi un pouco difícil porque non tiñamos lupa e soamente atopamos formigas. As flores foron mais doadas e collimos un montón para poñer a secar e facer o noso caderno. Aínda non sabemos como se chaman porque iso sábeo a avoa e non podemos estar con ela, pero algo faremos para adiviñar o seu nome.
E por último fomos a botarlle auga aos nos ovos-maceteiros e cal foi a nosa sorpresa cando miramos o grande que estaban! Medraron un montón!!
E así pasou a nosa mañá, moi entretida! Agora pola tarde a xogar, debuxar, falar...
Esperamos a próxima proposta! Moitos bicos!
Naira e Ariana
Leo tamén estivo a darle á cachola... E ademais descubriu a árbore máis grande.Ter á escola diante da casa debeu axudar un pouquiño 😉
Ningún comentario:
Publicar un comentario