20 de nov. de 2024

LÚA 🌙

 Apeoveitando o traballo sobre as mans, decidimos reforzar o nome dos dedos pero tamén o seu movemento e interiorización aproveitandonos do libro que sempre é un éxito: LÚA. Deste xeito estimulamos a linguaxe ao mesmo tempo que traballamos a rima, a memoria recordando a orde dos elementos… e incluso habilidades de psicomotricidade fina pois debuxamos e cosemos uns “dedais” que acompañarán o conto na nosa biblioteca! 

Unha actividade moi completa e con producto final feito en equipo! 









20N. Día Mundial da infancia

 DEREITO Á FAMILIA, DEREITO Á SAUDE. 

Acudimos a escola en pixama e ademáis estamos levando para casa a Lola e Claudia, convertendonos en familias de acollida. 






15 de nov. de 2024

CABAZA Ó FORNO!

Cabaza, sal, aceite, tomate, queixo e ovo! Receita sinxela e saludable elaborada co obxectivo de presentar os alimentos de diferentes xeitos, fomentando o seu consumo ou incluso probalos, “entrenando” así o noso ceo da boca! 

Ademáis hoxe como era venres a merenda era “de todo” podendo tamén desfrutar de tosta doce (marmelo, marmelada de amorodos) ou iogur (con mel e pipas), por exemplo. 

A alimentación é un tema fundamental no noso proxecto deste ano “Mens sana in corpore sano” pois é preciso que sexa equilibrada para gozar dunha boa saude. 







13 de nov. de 2024

As nosas mans!

 Seguindo co PDI " Mens sana in corpore san" e co noso libro de Carabuñas, traballamos estes días outra parte do noso corpo: as nosas mans. Adicàmonos a afondar nas súas funciòns, nas súas partes: dedos, uñas, pel, pegadas, ósos, así como nas medidas de hixiene  que debemos levar a cabo para evitar contraer enfermidades.

Por outra banda tamèn tocamos o tema estético, da man dun taller de manicura( como no nos conto) no que os nenos e nenas tiñan que lavar, cepillar, secar as uñas dos seus compañeiros para logo limalas, e pintalas, elexindo previamente a serie de cores que querían que os seus compañeiros e compañeiras  plasmaran nas súas mans.





























8 de nov. de 2024

MERENDAS COMPARTIDAS

 As merendas están sendo un éxito non so porque cada vez o alumnado é máis autónomo e proba novos alimentos, senón tamén porque está sendo unha oportunidade de compartir coa comunidade. Caquis, sandías, ovos, aguacates, mazás, cabazas, pan…. todo chega a escola co valor de compartir dende as familias pero tamén dende os veciños. Graciñas por apoiar a iniciativa! 














7 de nov. de 2024

MOMENTOS DE PATIO 💚

 O patio é un lugar especial pois permite conectar con natureza, ter iniciativa, desenvolver o pensamento crítico, estimular a creatividade e imaxinacion, superar retos e problemas, relacionarnos cos demais e infinidade de aprendizaxes. Para nos é un tempo moi especial porque recordade: O tempo para xogar nunca será tempo perdido.