Aproveitando a visita do alumnado de 3º de EP do CEIP de Riomaior, pedímoslles axuda para analizar toda a colección do museo e buscar unha nova distribución, máis inmersiva, que permitise interaccionar máis cos materiais, e que incluso permitise verse dende diferentes perspectivas. Foi o propio alumnado quen decidiu como colocar os obxectos e ademais tiveron outras ideas como colocar o xadrez nunha “mesa” para poder xogar, xuntar os obxectos por natureza de coleccións e etiquetalos (por exemplo o mar, elementos naturais…). Logo foi desfrutada polo alumnado de Pousada, sendo este un espazo que vai mudando co tempo e a interacción do alumnado.









































Ningún comentario:
Publicar un comentario