Un par de días despois enchemos a aula de material para que de xeito autonomo, experimental, sensorial e manipulativo espertase o seu interese pola tematica.
Isto non sería posible sen a axuda da mamá de Leo quen nos acompañou na xornada pero tamén elaborou e preparou unha gran diversidade de material atendendo a propostas de diferente natureza (permitindo así dar resposta os diferentes intereses e necesidades do alumnado).
Gracias a combinación deste material con diferentes elementos reais (paneis, traxe de apicultor, cera, polen…) e o apoio de diferentes libros acehegamonos a conceptos como a polinización mentres traballamos aspectos como a psicomotricidade fina, o conteo, vocabulario, expresión corporal e artística…
Ningún comentario:
Publicar un comentario