Seguimos coas actividades relacionadas coa nosa contorna inmediata, aproveitando os recursos que nos brinda o patio e dando continuidade a experiencia iniciada directamente debaixo da Laranxeira a semana anterior.
Nesta ocasión experimentamos para realizar unha colonia con aroma a laranxa directa da árbore e polo tanto natural. É dicir, unha actividade sensorial, de vida práctica e de habilidades manuais conectada co proceso experimental pois:
- Formulamos hipóteses “qué pasará?” e anotamos.
- Executamos os pasos achegándonos ó texto prescriptivo, unha nova oportunidade para traballar a lectoescritura de forma contextualizada e real.
- Agora toca esperar, observar, rexistrar.
- Comprobaremos o resultado final en 15 días (xa o temos anotado no calendario, sendo así tamén conscientes do paso do tempo) e compararemos o proceso coas hipoteses formuladas. “Porase verde, laranxa ou vérmela?? como ulirá?”
- Por último dando sentido total a actividade, se o experimento funciona tocará empregala para perfumar os nosos espacios, por exemplo os aseos!
Por certo…. Tamén PAPAMOS! Un aperitivo moi saudable!
Ningún comentario:
Publicar un comentario