Pechamos o traballado más aulas polas letras galegas desfrutando deste espectáculo de Montse Rivera onde volvemos a ver as partes do traxe diferenciando entre traxe de cotío e traxe de gala. Ademais tamén nos explicou os materiais que se usan para a elaboración das teas e puidemos incluso tocar: la, liño, pano. Ao mesmo tempo que vestía os modelos ía cantando coplas tradicionais sobre as prendas. Foi unha actividade proposta polo equipo de dinamización de lingua galega que resultou ser un éxito ademais dunha oportunidade de convivencia entre aulas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario