27 de abr. de 2023

MAIO DE POUSADA

 Traballamos esta festa por ser parte da nosa cultura e por permitir a posta en práctica de habilidades moi diversas, dende o vocabulario, a música, a coordinación.. ata a atención, a creatividade e a educación sensorial. Ademais permite o contacto coa natureza e a nosa propia contorna e realidade. 

Comezamos por coñecer dous instrumentos da nosa cultura: cunchas e claves, logo traballamos a rima a través das coplas e a súa musicalidad e e elaboramos as nosas propias. Ademais traballamos vocabulario cos nomes das flores e plantas e tamén exercitamos a atención fixándonos nelas para debuxalas. Practicamos moito as nosas coplas e puxémonos mans a obra con distintas propostas sobre esta temática que deron como resultado final: o maio de pousada! 

Isto non sería posible sen a colaboración das familias así que só podemos dicir: Grazas!! 





















































































Ningún comentario:

Publicar un comentario