Como non podía ser doutro xeito, comezamos o día bailando e amosando os nosos disfraces. Logo saímos a contorna provistos de instrumentos que anunciaran o comezo do entroido, demos un paseo, merendamos e xogamos. Á volta estaban moitas familias esperándonos para desfrutar de doces de entroido e varias propostas: arte exterior, elaboración de colares, pintura facial… Moitas gracias a todas as familias que pasaron o día connosco! gracias tamén a Nuria por ese arte facial! Desfrutade moito do entroido ♥️
Ningún comentario:
Publicar un comentario