Xa está a punto de chegar o verán. Aínda que xa houbo días moi quentes en Maio e Xuño, ven algo mollado.
Durante este mes ten lugar o solsticio de verán, o día 21, no hemisferio norte, onde estamos. É o día máis longo e a noite máis curta do ano ( no hemisferio sur é o solsticio de inverno) prodúcese o paso da primavera ao verán.
Lembrades que neste tempo na escola xogabamos coa auga?Pasabamos por baixo da mangueira como se esta fose o arco da vella. Botabamoslle aire co inflador ao foguete, cargado cunha pouca auga, e este saía disparado describindo elipses únicas en cada lanzamento. Experimentabamos cos globos de auga e as súas traxectorias. Soprabamos con enerxía o líquido preparado con auga e xabón para facer fráxiles pompas que viaxaban por riba das nosas cabezas e que tratabamos de apañar.
E chegaba o día da andaina ao Río do Porco e, despois do camiño baixo o sol, estaba a sombra baixo a árbore de nome incerto e deitabamonos enriba da gran farrapeira para descansar e deixar as nosas cousas arrumadiñas e desfrutar facendo presas e botando canas río abaixo e topando tesouros e descubrindo a vida e habitando paraísos de infancia que nos constrúen con ilusión.
Estas vivencias inesquecibles vannos acompañar sempre e as risas molladas e as grandes e pequenas ideas compartidas.
Aquí está o verán. Tempo de vivir fóra, desde dentro, desde o aprendido, desde o compartido, desde a auga, desde a terra, desde o aire, desde cada quen.
Aquí tendes a Nosa proposta semanal, 9º semana.
Aquí tendes a Nosa proposta semanal, 9º semana.
Dende dinamizazación da língua da galega vos deixamos esta proposta:
Lembrades como as preparamos o ano pasado coa axuda de Carmela?
Ningún comentario:
Publicar un comentario