17 de abr. de 2020

QUÉDATE na CASA: 17 proposta

Venus chega outra volta e quen estea a facer acotío o calendario sabe que é venres e que despois chegan sábado e domingo. E como falabamos onte do ciclo da vida que está a rodar porque ten forma de roda redonda, o tempo tamén xira e  voltas.
Despois desta semana ven outra e logo chegan os meses , as estacións, os anos, os lustros, as décadas, os centenarios, os séculos........e para contar todo este tempo non chegan os dedos da man e teremos que ir buscar as formigas que son infinitas. Aquelas formigas das que falamos o mércores 25 de marzo e que estaban por todas partes, ocupando todos os espazos, compañeiras permanentes.
Non sei se alguén sentiu algunha vez a necesidade  de gardar algo importante para nós quequeremos preservar de calquera mirada allea. Tesouros persoais que teñen moito valor emocionalaínda que para outras persoas non teñan significado. Por exemplo, as pedriñas que apañamos nos nosos paseos, os ferranchos e restos que conseguimos  na visita á obra da casa de  María ( que xa non ten o guindastre para subir e baixar os materiais ), os papeis de prata que aparecen ás veces ao final dunha obra teatral.......Ben, para conservar todos os nosos tesouros buscade unha caixa que vos pareza interesante e logo podedes personalizala. 
Hai tempo prepararamos na escola con caixas unhas casas moi interesantes e o máis guai que construímos  foi un submarino con xanelas, porta e periscopio e un gran barco no que collía toda a nosa tripulación e que navegaba  no mar de Luceira .Estades a vos decatar de que o universo das CAIXAS é inabarcable? As máscaras artísticas que fixéchedes onte poden facerse con caixas e aínda por riba estamos a reciclar.

O poema de hoxe é de Pepe Cáccamo e aparece no libro adicado a Pedro e Antón Lúa de pan:

ESTACIÓNS
A PRIMAVERA NO VENTO
TRAE UN ARRECENDO LENTO.
DÍAS GRANDES DO VERÁN
CO MAR NA PALMA DA MAN.

OUTONO DA COR DO LUME
ONDA EN FOLERPAS DE FUME.

NO INVERNO DA TARDE VELLA 
PINGA A NEVE DUNHA TELLA.















Ningún comentario:

Publicar un comentario