Ola de novo, amiguiños e amiguiñas, de aquí e de acolá. A lúa segue a ser comesta por alguén. Estades vós a comer nela? Porque hoxe aínda está máis pequerrechiña que onte.
Descubríchedes a razón pola que Valeria, Leire, Isaac e Ariana lle botaron unha man- ou máis ben 8 mans- á tartaruga? Podería ser porque pertencen ao equipo LEÓN? , e cando o león foi chamado pola tartaruga, este apareceu en escena e subiu enriba da cebra e logo xa chegou a xirafa e sucesivamente o resto dos animais do conto?
Se a todas as nenas e a todos os nenos do Ribeiro vos soubera a Lúa ao mesmo sabor só habería UN sabor, pero como todas as persoas somos diferentes,podería haber ata 25 apreciacións, que son ás que corresponden a cada persoa do gran grupo que formades a tribo do Ribeiro.
Neste mércores de Abril, desfrutade da sonoridade deste poema de LuisPimentel:
CANCIÓN DAS TRES CUCHARAS
TAC, TAC, TAC
CUCHARA DE PAU
CUNCA DE MADEIRA
O MEU NENO
ESTÁ NA LAREIRA.
TIN ,TIN, TIN
CUCHARA DE PRATA
CUNCA DO PAZO
O MEU NENO
ESTÁ NO REGAZO.
TON, TON, TON
CUCHARA DE OURO
CUNCA DE CRISTAL
O MEU NENO
Ningún comentario:
Publicar un comentario