Pétala é un conto moi visual que ao fío da acción e desde unha
perspectiva fantástica, trata transversalmente o problema da escaseza de
auga, un recurso esencial para a vida e a conservación do medio. Coa
lectura podemos transmitir os valores necesarios para fomentar a
conciencia medioambiental e reflexionar sobre a necesidade de coidar o
planeta. Alén diso, en concreto, a literatura infantil reforza a
asociación simbólica con determinados significados e facilita a
asimilación da realidade externa.
A lectura deste conto pode constituír unha boa estratexia para estimular
a conciencia medioambiental na infancia, porque no neno ou nena se xera de
maneira natural un novo concepto da importancia da auga.
Finalmente, Pétala convertida en narradora, contará a súa aventura, e
revelaranos a todos un segredo: os dragóns, por feroces e monstruosos
que parezan, tamén teñen medo.
Se queres escoitalo outra vez preme no título:
Ningún comentario:
Publicar un comentario