O período de adaptación é un proceso moi importante para os nenos e nenas, xa que supón un cambio na súa vida, que implica deixar o mundo familiar para chegar a outro descoñecido onde deberá CONVIVIR, COMPARTIR, ADQUIRIR NOVAS HABILIADADES DE AUTONOMÍA E CONTROL DA SÚA CONDUCTA.
O período de adapatación é o camiño polo que o neno ou nena vai decidindo, dende o punto de vista dos sentimentos, se a separación lle supón unha perda ou ganancia, para chegar voluntariamente a unha aceptación interna da mesma.
É un camiño: eso implica tempo para camiñalo. Por iso respectamos o ritmo persoal.
Ten que camiñalo, el ou ela, é unha conquista, un proceso persoal e a súa resolución ten que ver co seu mundo interno.
Para os pais e nais ou titores/as, tamén supón un momento de sensacións e sentimentos variados, pola propia experiencia de adaptación e tamén por ter que confiar a responsabiliadade de educar a outras persoas, nós, Bea e Begoña.
Hai que ter especial coidado nestes sentimentos ou sensacións, xa que son transferidos ós cativos e cativas e poden intensificar as dificultades de adaptación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario