Achegarnos á natureza, observar a contorna e mellorar ás nosas habilidades motrices son algúns dos obxectivos que pretendemos con estas saídas a lugares próximos á escola. Hoxe visitamos o parque, observamos a chegada da primavera na natureza, aínda que oficialmente teñamos que esperar uns días.
Onde botamos o lixo?.
Xa hai unha chea de frores!.
A ría está en calma.
O río do Porco está limpiño.
Xogamos co eco no túnel.
Problema!, Diego tivo unha idea.
Colaboramos.
Melloramos o noso equilibrio e saltamos cada vez máis lonxe!. Sobre todo melloramos a confianza en nós mesmos.
Somos un gran equipo!.
Ningún comentario:
Publicar un comentario