Os recunchos están intimanente relacionados co xogo simbólico . No tempo de recunchos poden apuntarse en : perruquería, hospital, tenda-restaurante, casiña, carpintería, xogos de mesa, xogos na cortiza ou alfombra, biblioteca, ordenador,etc. O xogo simbólico é unha forma de aprender e e practicar, a realidade da vida, que non debemos desvirtuar querendo dirixilo, actuando como animadores/as ou incluso como participantes que non foron invitados. O xogo simbólico é unha experiencia vital da infancia que posibilita transformar, crear outros mundos, vivir outras vidas, xogar a ser outros e así aprender a pensar coma os outros, a sentir como os outros e, en definitiva, a saber se existen formas de pensar e sentir diferentes á propia. A escola é un lugar onde tamén se aprende a vivir, e o xogo simbólico é un “espazo de ensaio” para a aprendizaxe da vida.
Ningún comentario:
Publicar un comentario