29 de nov. de 2013

CALENDARIO A DIARIO

Rexistramos o tempo atmósferico a diario nos noso calendarios individualizados. estes son algúns rexistros do mes que remata.





27 de nov. de 2013

19 de nov. de 2013

CAMPAÑA DE SOLIDARIDADE

Rosa voltou un ano máis á escola e o venres 22 de novembro pasará para recoller os alimentos que vaiades traendo ao longo da semana. Grazas a todos e todas por participar!.


18 de nov. de 2013

TEAS E CASTAÑAS

Cortar as teas foi un traballo dificil pero pouco a pouco... Foi un actividade feita en equipo na que todas e todos se axudaron.

14 de nov. de 2013

OBRADOIRO DE BOLSIÑOS PARA O MAGOSTO


Agradecemos a Belén a súa colaboración no desenvolvemento do obradoiro.





A VIAXE DE NAIRA

Naira compartiu con nós a súa viaxe que nos contou e ilustrou cun album de fotos moi singular. Grazas a túa aportación nós tamén viaxamos un pouquiño.Grazas, Naira!.

13 de nov. de 2013

REVISIÓN NO CENTRO DE SAÚDE DO RIBEIRO

Cristina visitou a escola e realizou un recoñecemento médico aos pacientes coa cartilla do Ribeiro.

12 de nov. de 2013

CHOCOLATES!.

Grazas, Tania! Encantounos este detalle tan especial!.

6 de nov. de 2013

PEIXIÑOS?

Transformamos as follas de eucalipto en...





UNIVERSO DOS RECUNCHOS

Os recunchos están intimanente relacionados co xogo simbólico . No tempo de recunchos poden apuntarse en : perruquería, hospital, tenda-restaurante, casiña, carpintería, xogos de mesa, xogos na cortiza ou alfombra, biblioteca, ordenador,etc. O xogo simbólico é unha forma de aprender e e practicar, a realidade da vida, que non debemos desvirtuar querendo dirixilo, actuando como animadores/as ou incluso como participantes que non foron invitados. O xogo simbólico é unha experiencia vital da infancia que posibilita transformar, crear outros mundos, vivir outras vidas, xogar a ser outros e así aprender a pensar coma os outros, a sentir como os outros e, en definitiva, a saber se existen formas de pensar e sentir diferentes á propia. A escola é un lugar onde tamén se aprende a vivir, e o xogo simbólico é un “espazo de ensaio” para a aprendizaxe da vida.
















5 de nov. de 2013

VENDIMA 2013

Visitamos a vide de Berto e apañamos estes riquisimos acios de uvas, algunha cabaza e ata millo, que posteriormente debullamos, un traballo de motricidade fina compricado. E como unha imaxe di máis que mil palabra aquí tendes as imaxes.

4 de nov. de 2013

AS PASTAS DE ADRIÁN

Adrián cociñou coa sua nai unhas pastas deliciosas que tivo o detalle de traer a escola para compartir con todos e todas e explicarnos como facelas nas nosas casas. Grazas, familia!.

SAMAÍN 2013

Preparamos as cabazas,baleiramos e separamos as pebidas da polpa e as decoramos. Ao día seguinte nos aventuramos visitando o noso castelo encantado particuclar: Samina. A celebración do Samaín nos achega a un sentimento de defensa: o medo, por iso levamos días falando dos nosos medos e os dos pais e nais. Todos e todas sentimos medos e debemos aprender a convivir co medo e a superalo. Medos: medos do día a día, xeneralmente animais; medos máis profundos e elaborados como o medo a que lle pase algo aos seres máis queridos, o medo a soedade ou o medo a morte e medo ao descoñecido: pantasmas, santa compaña,etc e por último medos incontrolables (fobias) como o medo as alturas, a voar, aos espacios pechados, etc; medos, medos que non nos poden paralizar e que precisamos aprender a aceptalos como base para vencelos. Ese é o obxetivo da nosa visita a Samaina, preparada coas sua mellores galas.