Preto da escola, está o río dos Porcos que recentemente rozaron polo que nos achegamos para ver en que condicións se atopa e descubrimos que está cheo de bolsas plásticas (como xa sabedes o plástico non se disolve na auga senon que rompe en anacos que se convirte en falso alimento dalgúns animais que morren pola sua inxesta) e outros lixos así que outro día nos achegaremos, xa preparados, para limpar as suas marxes, xa que entendemos a importancia da auga nas nosas vidas e ademais de aforrala tamén debemos conservar e ensuciar o menos posible os nosos ríos, mares, lagos,etc. Compartimos con vos estes momentos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario