A EDUCACIÓN É UNHA TAREFA COMPARTIDA
Durante os primeiros anos de vida, a aprendizaxe dos nenos e nenas mistúrase e confúndese coas súas vivencias, polo que todo o que fan e viven fora do centro escolar ten tanta importancia educativa como o que fan no seu interior.
A familia é o primeiro contexto de socialización dos cativos e xoga un papel crucial no seu desenvolvemento como persoa.
No seo da familia realizan as súas primeiras aprendizaxes, establecen os seus primeiros e moi importantes vínculos emocionais e incórporanse ás pautas e hábitos do seu grupo social e cultural. Cando un neno asiste a un centro de Educación Infantil, este debe compartir coa familia o labor educativo desenvolto, completando e ampliando as experiencias formativas.
Canto máis estreita e activa sexa a implicación dos pais no proxecto educativo desenvolto arredor dos nenos e nenas no centro educativo, mellares e máis satisfactorios resultarán os efectos sobre eles.
O amor recibido polas persoas na súa nenez pode ser unha fonte de paz de estabilidade para toda a vida.
Ningún comentario:
Publicar un comentario