13 de nov. de 2024

As nosas mans!

 Seguindo co PDI " Mens sana in corpore san" e co noso libro de Carabuñas, traballamos estes días outra parte do noso corpo: as nosas mans. Adicàmonos a afondar nas súas funciòns, nas súas partes: dedos, uñas, pel, pegadas, ósos, así como nas medidas de hixiene  que debemos levar a cabo para evitar contraer enfermidades.

Por outra banda tamèn tocamos o tema estético, da man dun taller de manicura( como no nos conto) no que os nenos e nenas tiñan que lavar, cepillar, secar as uñas dos seus compañeiros para logo limalas, e pintalas, elexindo previamente a serie de cores que querían que os seus compañeiros e compañeiras  plasmaran nas súas mans.


























8 de nov. de 2024

MERENDAS COMPARTIDAS

 As merendas están sendo un éxito non so porque cada vez o alumnado é máis autónomo e proba novos alimentos, senón tamén porque está sendo unha oportunidade de compartir coa comunidade. Caquis, sandías, ovos, aguacates, mazás, cabazas, pan…. todo chega a escola co valor de compartir dende as familias pero tamén dende os veciños. Graciñas por apoiar a iniciativa! 














7 de nov. de 2024

MOMENTOS DE PATIO 💚

 O patio é un lugar especial pois permite conectar con natureza, ter iniciativa, desenvolver o pensamento crítico, estimular a creatividade e imaxinacion, superar retos e problemas, relacionarnos cos demais e infinidade de aprendizaxes. Para nos é un tempo moi especial porque recordade: O tempo para xogar nunca será tempo perdido. 









MAGOSTO 🌰

 Gracias pola xornada de convivencia, xogo, colaboración, tradición, retos, contacto coa natureza… 

Gracias a todos os que nos acompañastedes e tamén o traballo das familias e a anpa os pequenos, sen vos non sería posible!