25 de abr. de 2018

VIDA E MORTE EN CHARCAUGA


Ver o que sucede día a día na charca da Escola permítenos descubrir a vida e ás veces tamén a morte, esta vez apareceu morto un dos PEIXES. É o ciclo da vida, que descubrimos con naturalidade.

Pedriñas no CAMIÑO

A natureza é fonte de aprendizaxe espontáneo, uns decoran as pedras, mentras outra nena clasificaba por cores de xeito libre. Máis tarde pasou un neno por alí e contou cantas levaban decoradas.

EN ABRIL CONTOS MIL: un golfiño conta a historia dun golfiño

A aprendizaxe entre iguais ten sempre un resultado excelente, e hoxe o noso golfiño máis vello quixo ler un conto aos seus compañeiros e compañeiras, un momento moi especial para todo o grupo que disfrutaron dun xeito moi especial. Aquí tendes unha pequena mostra de ese intre.

21 de abr. de 2018

EN ABRIL CONTOS E POLOS MIL

Perdido? é un conto que nos levou ata o POLO SUR, da man de Nieves. 
E... Sabedes onde está o polo Sur?
Agora si. E para celébralo trouxeron polos para todos e todas.
Grazas, familia!



OBRADOIRO DE ROBOTICRA :ROBOTIZADO ESPÍA

        

Coñecimos un novo robot DOC, que nós  decidimos chamar ROBOTIZADO ESPÍA.

VISITA AO MUSEO DE PONTEVEDRA

Achegamonos á prehistoria e tamén nos mostraron os útis de pesca prehistóricos. Foi unha XORNADA de achegamento e descubrimientos prehistóricos.

IMOS DE PESCA!.

Investigamos e despois fomos ao noso mar a ver se facíamos parellas.
Atopamos moitos PEIXES do Atlántico.
       

14 de abr. de 2018

O NOSO ÁLBUM

Cada neno e nena ten os seus intereses e é fundamental respétalos e aprovéchalos para que realicen actividades más que a motivación intrínseca sexa o motor.
Cada quen fixo o seu álbum, pero de distintos temas, porque cada un ten os seus intereses.

      

GALLELISAS


Grazas familia!!.
Estaban boisimas!.

EN ABRIL CONTOS MIL

As familias contades.

 Hoxe " Coas mans baleiras". 
Hoxe é o aniversario de Mario e convidou a Alba a merendar na súa casa. Xa é case a hora, pero Alba non sabe que regalarlle. Polo camiño, busca algo que lle poida gustar ao seu amigo… Non sempre o máis fermoso é o máis difícil de atopar e tampouco é necesario buscalo moi lonxe. Esta historia preséntanos valores moi afastados dos que a sociedade de consumo nos trata de impor. Un libro sobre un agasallo imperecedoiro: a amizade.

Grazas familia!.
       

10 de abr. de 2018

AREA DO DESERTO

Recén chegada do desertó Africano: AREA

BIBLIOTECA DE AULA

O préstamo de libros e a animación a lectura iniciase cada venres ao principio da mañán, escoller libro é un intre especial, un momento de tranquilidade adicado á lectura de imaxes e títulos de contos.