25 de xuño de 2017

UN EXPERTO EN ANIMAIS DA GRANXA

Tivemos información de primeira man de cada un dos seguíntes animais: porcos, ovellas, galiñas, coello, parrulo... Grazas por compartir con NÓS todas as tuas vivencias!.

ALQUENQUEXES

Baias comestibles de cor laranxa producidas pola PHYSALIS ALKENKENGI, que están dentro do cáliz. Observamos, últimos e saboreamos .

CAN E CADELA

Moitas cousas que contar do seu can.

LINTERNAS E LUPAS

Como vos investigadores xogamos coas nosas linternas e investigamos coas nosas lupas!

17 de xuño de 2017

SAÍDA AO RÍO DO PORCO

Unha escola viva prepárate para a vida, para descubrir e explorar sen medo, para buscar o teu camiño e resolver os conflictos con solucións diverxentes, para coidar e respectar o medio onde vivimos, a disfrutar das pequenas cousas e saber utilizar o tempo de lecer, a traballar en equipo cooperativamente, a expresar os teus medos e obxectivos, a deixar ao carón os prexuízos, a superarte, a mellorar a túa autoestima e autonomía , a coñecer o noso.
SAÍDA ao río do PORCO para limpar e como NON?, refrescarnos.



ABERTO O MUSEO DO AVÓ E AVOA ATA O VINDEIRO mércores.

Podedes visitalo guiados polo voso fillo ou filla , neto ou neta... 20 minutos antes da SAÍDA.
Eles e elas explicaranvos todo o que precisedes saber. Esperámosvos!


16 de xuño de 2017

GATO

Unha visita inesperada chega a nosa escola.

VACALOURA

Breixo trouxo á escola unha VACALOURA , unha oportunidade para investigar.
Grazas familia!