30 mar. 2017

LIMPEZA DA HORTA

Tivemos que quitar as malas herbas ás cebolas e aos amorodos. Agora xa poden medrar. Tamén limpamos o camiño de BARTOLO.
Bo traballo feito!.






PALABRAS DELICIOSAS


Construimos palabras que despois " paparemos!".



XOGAMOS AO BINGO!!!

Todos e todas moi atentas que poden dicir os nosos números.
XOGANDO a recoñecer os NÚMEROS

25 mar. 2017

COMPETENCIA MATEMÁTICA E XOGOS DO DÍA A DÍA







Estas son algunas das actividades matemáticas  que realizan os nenos e nenas diariamente en forma de xogo.


NÓS E MÁIS VÓS AO CALOR DO SOL

Disfrutamos dos poemas de " Sopa de estrelas" de Pepe Cáccamo e experimentamos plasticamente para ilustrar un deles.

 

23 mar. 2017

DESBROZANDO

Que ben que viñeran cortar a herba, estaba demasiada alta.
Quedámonos observando o traballo que facían as DESBROZADORAS.
E dixémoslle á cuadrilla que tiveran coidado coa HORTA DE BARTOLO, co XARDÍN DOS ARRECENDOS e coa árbore de ARÁNDANOS de HUGO, que plantou hai xa dous anos.

Moitas grazas polo bo traballo feito.

LULA E LARINDA

  Libia e Uxizul, que aman aos animais, fixéronlle unha casiña a LULA,cadela feita de xornal por Uxizul e a LARINDA, a gata de papel de Libia. Son os primeiros pasos para un espazo de acollida de animais que queren construir cando sexan grandes. Uxizul responsabilizarase da perruquería e Libia do adestramento dos animais.

Moita sorte na vosa empresa, vós sodes as mulleres do futuro.

XOGOS MATEMÁTICOS

XOGAMOS COS DADOS NA PROCURA DAS ESTRELAS PRETO DE SATURNO.
 
NADA MELLOR QUE O XOGO PARA APRENDER.

21 mar. 2017

COIDADO DOS CHAMPIÑÓNS



Aprendemos a ser respectuosos cos seres vivos e a coidar deles, sendo responsables cos recursos enerxéticos. O amor pola natureza nace co COIDADO e PRESERVACIÓN da mesma. A través destas actividades adquiren conciencia cívica, responsabilidade e sentido do coidado , valores esenciais para o seu futuro e o do noso planeta. 

UN UNIVERSO Á NOSA MEDIDA

Traballar todos e todas xuntas por conseguir un mesmo obxectivo denominase traballo cooperativo, estando o NÓS diante do EU.
O traballo cooperativo:
  • Desenrola actitudes positivas cara ao aprendizaxe.
  • Promove interaccións.
  • Aumenta a motivación e a autoestima.
  • Desenrola habilidades interpersonais e estratexias para resolver conflictos.
  • Promove  o respecto polos outros.
  • Fortalece a habilidade para opinar e escoitar.
  • Desenrola  a tolerancia, a flexibilidade e a apertura cara aos demáis.
  • Ensina a compartir responsabilidades.
  • Desenrola o compromiso cara aos demáis.
  • Ensina  a organizarse e dividir  tarefas.
  • Axuda a que desaparezcan os estereotipos e den valor ás diferencias.
  • Brinda o espazo para superar as dificultades nun ambiente de compañerismo e confianza.
  • Potencia talentos ao favorecer o traballo en grupo.
O proceso de cooperación é intensivo e envolve  varias estratexias creativas

A COCIÑA ANTES DA ELECTRICIDADE


COMO PRANCHABAN A ROUPA O AVÓ E AVOA ANTES DA LUZ


18 mar. 2017

ARTUR ROSA: O CUBO E POSIBILIDADES ARQUITECTÓNICAS


ACHÉGASE A PRIMAVERA : OBSERVAMOS A NATUREZA

Saímos a observar as prantas da PATUREZA.


Representamos o que estivemos a observar en grupo porque cando pintamos xuntos e xuntas compartimos,valoramos o alleo, respectamos e aumentamos as nosas posibilidades expresivas.
NOn é só pintar en grupo, é levar a un plano superior a creatividade.

16 mar. 2017

NOVAS SENSACIÓNS NA MESA DE LUZ

Esta semana no obradoiro sensorial experimentamos as SENSACIÓNS e posibilidades da QUINOA. Este cereal sobre a mesa de luz parece moito máis escuro que coa luz natural. A quinoa extendida sobre a mesa posibilitou novas experiencias de debuxo.

 

3 mar. 2017

O TAMAÑO DAS ESTRELAS E PLANETAS

 


Con esta actividade ademáis de aprender sobre as estrelas tentamos alonxar ás crianzas da representación non científica das estrelas mediante unha forma xeométrica , copia da representación adulta e estereotipo de debuxo, co obxectivo de que observen representen por si mesmos e representen atendendo ao seu momento individual de maduración e á realidade que observan.
Os materiais foros elixidos libremente por cada neno e nena.


2 mar. 2017

A CASA DAS SORPRESAS

O artista Pepe Cáccamo achegou á Escola esta casa tan particular que nos permitiu descubrir a realidade que agocha no seu interior a través das  súas fiestras. Disfrutamos observando dende distintas posicións e descubrindo os seus mil segredos.



 

OBRADOIRO SENSORIAL: UNIVERSO NA MESA DE LUZ

De novo xogomos coa mesa de luz e os corpos celestes, esta vez dentro do OBRADOIRO MULTISENSORIAL que se realiza os xoves.