23 jun. 2016

EVOLUCIÓN DO ESQUEMA CORPORAL



O noso alumnado se atopa segundo Pierre Vayer na segunda etapa do evolución do esquema corporal: 
De  dous a cinco anos.
  • A través da acción, a prensión se fai cada vez máis precisa, asociánse  a unha locomoción cada vez máis coordinada.
  • A motricidade y a cinestesia (sensación pola cal percibese o movemento muscular, posición dos nosos membros) permiten ao neno ou nena o coñecemento e a utilización cada vez máis precisa do seu corpo enteiro.
  • A relación co adulto é sempre un factor esencial desta evolución que permite a nena ou neno desprenderse do mundo exterior e recoñecerse como un individuo autónomo.
A adquisición do esquema corporal é base de outros aprendizaxes e da propia personalidade. 
Se queredes saber máis:

http://www2.uned.es/ntedu/espanol/master/primero/modulos/multimedia/miguel/teorico/esqcor.htm
 

22 jun. 2016

LIBRO DA FROITA 2013-16

Neste libro podedes observar a evolución dos vosos fillos e fillas na representación da realidade mediante o debuxo, sen interferencias do adulto senón pola sua asimilación de conceptos como tamaño, cor, forma, etc.
Na parte que ten relación coa lectoescritura , comezamos coa identificación de nomes das froitas e posterior escritura , respectando o seu momento evolutivo pero potenciando o seu avanze.
A busqueda de información tamén é necesaria ao longo destes tres anos de realización do libro xa que poden utilizar diccionarios visuais adaptados a sua edade, libros de froitas confeccionados na escola, tarxetas de alimentos, tarxetas do día da semana e mes para completalo. ë un traballo que realizan individualemnte pero coa axuda do equipo, sendo o coordinador ou coordinadora o responsable de que todo o equipo remate a tarefa e asi mesmo o encargadoou encargada  de material debe ter no centro da mesa todo o material preciso para realizar o traballo, por último o encargado ou encargada de posicións debe asegurarse de que todos os membros do equipo estan ben sentados e collen os útiles do modo axeitado, polo que tamén potenciamos a responsabilidade dos no alumnado, o traballo individual en equipo e a aprendizaxe entre iguais .

8 jun. 2016

TÓTEMS

Visitounos Berta Cáccamo artista que comezou a súa formación artística na cidade de Barcelona, onde acudía ás clases da Facultade de Belas Artes de San Jordi. Alí contacta co movemento primitivista-neoexpresionistas (Grupo Cobra), en voga a principios dos anos 80. Licenciouse en 1986, e ao ano seguinte incorporouse a "Atlántica". Na súa obra reclama unha poética da oquidade e o valeiro.
Nesta mañán de martes axudounos cos nosos tótems,símbolos grupais.