30 abr. 2014

INFORMACIÓNS VARIAS.

OS XIBÓNS

Denominanse simios menores ou monos. Distínguense dos grandes simios (chimpancés, gorilas, orangutáns, bonobos e humanos) en ser máis pequenos.
Igual que outros simios, non teñen rabo.
Os xibóns teñen unha alta capacidade locomotora, de bracear de póla a póla a longas distancias e a altas velocidades (mesmo ata acadar saltos de 15 metros a velocidade de 55 km/h). Chegan a facer saltos de ata 8 metros. Son quen de andar bipedalmente coas súas mans levantadas para manter o balanzo. Ao contrario que outros Hominoidea, teñen parellas estables.

Dependendo da especie e do seu sexo, a pel dos xibóns cambia de negra, pasa por roxa e chega a un amarelo claro ou branco. É infrecuente ver un un xibón totalmente branco de pel.

son animais en perigo de extinción, actualmente existen 23 parellas no mundo.

MES DE ABRIL: CALENDARIO

28 abr. 2014

ENCANTADORA DE SERPES!

Naira trouxo unha morea de serpes e nos falou da súa alimentación, dos lugares onde poden vivir e diversos datos que ela coñecía. Coas súas serpes nos achegamos un pouco mási ao mundo das culebras e víboras.




UNHA SERPE NA ESCOLA!.

24 abr. 2014

LAURA E O POLBO

 Laura compartiu con nós un polbiño que fixo coa sua nai e aproveitamos para descubrir a estes fascinantes animais. E alguns e algunhas non puideron olvidar o bo que está "´a feira".


OBRADOIRO DE TEARES

Asi avanza o noso obradoiro de teares, unha actividade que combina atención, coordinación óculo- manual, dominio da impulsividade, resistencia á frustración, creatividade e sentido estético, asi como a educación en valores e educación emocional nun ir e vir do eurdime.








23 de ABRIL, DÍA DO LIBRO E AUTOR.

Preparamos uns marcapáxinas para nós ou para agasallar, a elección é do creador ou creadora. Os animais foron tamén protagonistas da nosas creacións.
Velaquí unha pequena mostra do noso traballo!.








9 abr. 2014

OS NOSOS TÓTEMS.

Fixemos un exercicio de memoria lembrando as cores coas que pintamos o noso tótem o día anterior e apuntamos nun papel, cada equipo do xeito que considerou máis indicado: uns pintaron das mesmas cores, outros escribiron, outros fixeron unha raia de cada cor e puxeronlle o nome das cores, etc.
Despois completamos a sua decoración.








ARTE PRIMAVERAL

Estas son as nosas obras creadas entre varios.





8 abr. 2014

O BUFO

Aroa compartiu con nós o seu bufo, moucho ou curuxa, pois cada quen lle deu un nome.
E preparou unha sorpresa para todos os seus compañeiros e compañeiras.