30 ene. 2014

MES DA PAZ

Este mes estivemos mirando a través de fotografías de persoas que viven en diferentes lugares do mundo, como é a sua vida, roupas, espacio no que se desenvolven, obxectos importantes para as súas vidas, etc. Observamos e eleximos coa que nos sentiamos máis identificados. Estas son algunhas das fotografías que estivemos a disfrutar estes días, e como nos gustaron moito queremos compartirlas con vós.






IDEAS DOS NENOS E NENAS DO RIBEIRO PARA MELLORAR O MUNDO:

 MELLORAR  AOS MAIORES.
 XOGAR CON TODOS E TODAS.
 QUE CANDO HAI CONFLICTOS NON PELEXEMOS SENÓN QUE FALEMOS.
 QUE A XENTE NON PELEXE.
 DEIXAR VESTIR ÁS MULLERES COMO QUEIRAN.
 IR CON COIDADO COS CABALOS.
 FACERLLE MÁIS CASO A MAMÁ E PAPÁ.
 CANDO CAMIÑAS POLA ESTRADA IR DA MAN DUN MAIOR.
 NON PORTARSE MAL E OBEDECER AOS MEUS PAIS.
 COMER TODA Á COMIDA DO PRATO.
 NON ESCAPAR  Á CARRETERA.
 APRENDER A SEPARARSE DE MAMÁ .
 XOGAR CO MEU AMIGO ÁNGEL.
 CHEGAR TEMPRANO Á ESCOLA.
 FACENDO CASTELOS DE PEDRA.
     TER MOITOS AMIGOS E AMIGAS.
 QUE MAMÍ NON ME MOLESTE CANDO ESTOU DEITADO, PORQUE XA ME PODO ESPERTAR EU SÓ.
        ESTAR COS MEUS AMIGOS  E ARRANXAR O QUE SE ROMPE.
        QUE AS MULLERES NON TEÑAMOS QUE VESTIR ROUPA QUE NOS OPRIMA.
        ESTAR CO MEU PAI CANDO VOLVE DO MAR.
        O SACHO.
        QUE MAMÁ E PAPÁ NON ME PEGUEN NO CÚ.
        ESTAR MENOS TEMPO COA TABLET.

E TI?

COMO PODES MELLORAR O MUNDO?

29 ene. 2014

O ELMO DA IDADE MEDIA

Visitounos un elmo moi especial que nos contou como vivían na idade Media e para que me utilizaban.






OLA, NENOS E NENAS DE POUSADA! :

EU SON UN ELMO, QUE VEÑO DE UNHA ÉPOCA DE DESIGUALDADE: A IDADE MEDIA.
UN TEMPO NOS QUE OS NOBLES ( OS QUE TIÑAN TODOS OS CARTOS) TIÑAN UNHA ARMADURA PARA DEFENDERSE, PORQUE NAQUELA ÉPOCA NON SABIAMOS RESOLVER OS CONFLICTOS SE NON ERA POR MEDIO DA VIOLENCIA, E  OS DEMAIS, CAMPESIÑOS E ARTESÁNS LOITABAN ( QUIXERAN OU NON) SEN ELMO NIN ARMADURA.
UNHA ÉPOCA NA QUE AS MULLERES NON TIÑAN DEREITOS E DEBÍAN FACER O QUE OS HOMES MANDABAN.

POR SORTE, VÓS VIVIDES NUNHA ÉPOCA NA QUE OS QUE QUEIRAN PODEN RESOLVER OS CONFLICTOS FALANDO, SEN RECURRIR Á VIOLENCIA; NUNHA ÉPOCA NAS QUE ÁS MULLERES PODEMOS FACER O TRABALLO QUE QUERIAMOS, VESTIR CON QUEIRAMOS E XOGAR CO QUE QUEIRAMOS PORQUE SE NOS RECOÑECE COMO PERSOAS.      


POR ISO VEÑO A VISITARVOS, PARA QUE LEMBREDES SEMPRE COMO SE RESOLVEN OS CONFLICTOS E BUSQUEDES NOVOS CAMIÑOS.


28 ene. 2014

UN POUCO MÁIS DE CORPO HUMANO

Hoxe visitounos Mª José, nai de Abraham, para contarnos algo máis do corpo humano e o seu funcionamento. Grazas por compartir con nós este momento.

XUNTANZA DO 2º TRIMESTRE

Este venres 31, teremos xuntanza ás 16´15 h na escola. Esperamosvos!.

21 ene. 2014

ENTROIDO DOS COBRES

Un ano máis imos achegaremonos ao Entroido de Cobres.Este ano precisamos da vosa axuda para desenrolar un proxecto dixital que dará a coñecer o voso Entroido a outras escolas de Galicia.
Por iso precisamos da vosa colaboración para que nos aportedes: fotos, videos, traxes e demáis informacións relacionadas co tema.
Grazas pola vosa colaboración!.

20 ene. 2014

ÍCARO

Estivemos observando e admirando este cadro de Matisse. Escoitamos a historia de Ícaro e axudounos a entender o cadro, atopamos nel un corazón acelerado pola caida cara o mar e nos aventuramos a facer a nosa versión do cadro.

Ícaro, fillo de Dédalo, estaban nunha illa, e recibiron  unhas ás de cera para poder voar. O seu pai lle dixo que non se achegase ao sol , pois as ás derritirianse pero Ícaro entusiasmado por poder voar subiu e subiu ata que o sol derretiu a cera, e acabou caíndo ao mar.

Aquí podedes ver as nosas produccións.

15 ene. 2014

O SISTEMA CIRCULATORIO


Os nosos expertos nos explican algo sobre o sistema circulatorio e tamén podedes ver algúns debuxos que mostran como funciona.

13 ene. 2014

POR QUÉ ME CHAMO...?

Este libro viaxeiro, iniciativa do equipo de biblioteca, está visitando ás vosas casas para que nos narredes a historia e orixe do voso nome. Ademáis de coñecernos un pouquiño máis , disfrutamos coas vosas caras cando nos contades por que vos chamades... Esperamos encher novas páxinas coa colaboración de todos e todas. Grazas, familias!, porque xuntos facemos á escola.






O CARACOL DE MATISSE

Despois de analizar e falar sobre este cadro fixemos ás nosas propias produccións.
Aquí están algunhas delas.




UNHA SORPRESA Á VOLTA DO NADAL: UNHA CASIÑA NOVA!


O AGASALLO DOS REIS MAGOS

Xa na escola repartimos os agasallos que nos trouxeron os Reis Magos.
Tivemos dous axudantes moi especiais que repartiron un a cada neno e nena. Esperamos para abrilos todos e todas á vez.









A BOTA DE PAPA NÖEL

Ao regresar a escola descubrimos unha bota cunha sorpresa para cada un e unha de nós.
Qué é?











10 ene. 2014

PIPARKAKUT

Unha galleta de orixe finlandés que Hugo compartiu con nós.
 Qué dificil foi aprender o nome!.