29 oct. 2013

FROITAS DE OUTONO

Distribuidos en grupos eleximos diferentes tarefas: reconto de froitas, anotación das cantidades,observación , selección , preparación, elaboración de distintos zumes e batidos e posterior degustación de froitas, batidos e zumes. Este ano a elaboración do mosto non foi manual pero ainda mantivemos o etiquetado tradiccional. Unha experiencia chea de sensacións e aprendizaxes que compartimos con vos.

video

25 oct. 2013

QUÉ PODEMOS FACER?

Cando entramos no aula habia catro mesas preparadas deste xeito. Qué podemos facer con todo isto?







17 oct. 2013

O NENO ANTE OS TEXTOS

Aquí tendes máis información sobre a visión constructivista. http://www.educarm.es/lecto_escritura/curso/02/02teoria.pdf

O NACEMENTO

Estes días estivemos a falar do nacemento e do embarazo,despois de ler o conto " O embigo de Xanecas", aínda que teñen moita información precisaron dun apoio visual polo que aquí tendes unha animación do parto natural, para que a miren as veces que precisen.

16 oct. 2013

MEDIDORA

Como cada ano, chegou o momento de medirnos e descubrir o que crecemos este verán. Sorpresa!. Este é o rexistro que facemos. Os polbiños tiveron que buscar a sua medidora e aínda costou un pouco escoller a axeitada.









15 oct. 2013

AMBIENTE ALFABETIZADOR

QUÉ É UN AMBIENTE ALFABETIZADOR?. É un espazo que ofrece as condición necesarias para potenciar a aprendizaxe da lingüa escrita, provocando situación nas que a decodificación da lingua escrita ou uso da escritura sexa necesaria, e dicir, teña un uso funcional. Un ambiente alfabetizador pon o código escrito nas mans dos nenos e nenas e permite que interactuen con distintos tipos de textos (revistas, xornais, nomes propios, contos,notas, listados, etc).













10 oct. 2013

SANDÍA CON NOMES

Esta sandía comese a cambio dunha moeda moi especial: o teu nome. Hugo repartíu un nome a cada neno e nena que non lle correspondía, mediante o dialogo e a busqueda activa chegaron a conseguir o seu nome que ao votalo nunha cesta habilitada para iso fixo que tiveran nas suas mans un anaco de sandía.
video

TRAZAR E SONORIZAR AS LETRAS OU ESCRIBIR E LER?

Deixovos un artigo moi interesante de Myriam Nemirovsky, que vos recomendo ler con atención. http://z33preescolar.files.wordpress.com/2012/03/myriam-nemirovsky.pdf

9 oct. 2013

O OUTONO DE MATISSE

Manipulamos, clasificamos,tocamos, ulimos, sentimos e experimentamos coas follas que fomos traendo. Achegamonos a un cuadro de Matisse que nos lembra as follas, asi que quixemos facer o noso cuadro propio con estampación de follas utilizando as mesmas cores que o pintor. Tamén nos aventuramos a facer pegadas de follas. Seguiremos a experimentar!








8 oct. 2013

LIBRO DA FROITA

As mestras elaboramos un material para os tres anos que os nenos e nenas estarán na escola: o libro da froita. Comezamos!

NENO-NENA

Fixemos un debuxo dun neno e unh nena espidos despois dunha longa conversa. Todos e todas traballamos neste debuxo, e todos colaboramos dalgunha maneira. Foi un traballo de todo o grupo. Agora só falta decidirnos por un nome para cada un deles.