19 jun. 2013

VISITA AO CEP RIOMAIOR



As nosas gavotiñas voaron ata Riomaior e os golfiños  nadaron pola ría cara o que será o seu novo colexio.








Mariluz presentounos unha amiga moi especial que estará a nosa espera en setembro.


Esta é biblioteca, e aquí coñecimos a Buli.

 
  

 

 


  

18 jun. 2013

PARQUE ARQUEOLÓXICO DE ARTE RUPESTRE DE CAMPO LAMEIRO

Excursión de final de curso do C.R.A.
Unha imaxe vale máis que mil palabras. Aquí tendes unha ventañina para mirar!. Visitamos a aldea, entramos na palloza, elaboramos pinturas con diferentes materiais, confeccionamos un mural "rupestre", visitamos a exposición, e por suposto, merendamos.
.


 


 


VISITA AO PARQUE DE BOMBEIROS DE PONTEVEDRA

Os polbiños e porquiños visitaron os bombeiros que un ano máis nos explicaron en que consiste o seu traballo, equipo que utilizan e por suposto nos deixaron xogar na escuma. Aprendimos moito e máis de un e unha pensan ser bombeiros e bombeiras de maiores!.



 






14 jun. 2013

CENTRO MEDICO DO RIBEIRO



Cada neno e nena foi enfermeiro ou enfermeira por un día, axudando a nosa médica no recoñecemento médico. Cada paciente trouxo a súa tarxeta sanitaria e ata tivo tempo de esperar na sala de espera.
Parece ser que todos e todas gozan de boa saúde.