28 feb. 2013

VISITA VIRTUAL A ALHAMBRA

Iniciamos unha viaxe polas construccións e momumentos do mundo, nos que a auga ten unha grande influencia e comezamos visitando virtualmente a Alhambra de Granada, a cidade palatina andalusí que destaca pola sua localización e adaptación ao medio,onde a auga xoga una papel fundamental.

22 feb. 2013

SOLIDARIEDADE GALEGA NO RIBEIRO


Rosa achegouse a escola un ano máis para pedir a nosa colaboración  coa asociación "Solidariedade Galega co Pobo Saharaui". Podedes colaborar con:
Alimentos non percedeiros: legumes, conservas, aceite, pasta, arroz,etc;produtos de hixiene, roupa e xoguetes.
Grazas a todos e todas.

LEMBRANZAS DA PSICOMOTRICIDADE


Despedimos a Ana, e asi lembramos o seu paso pola nosa escola. Estes son un par de debuxos da clase de psicomotricidade. Ata sempre, Ana!.

20 feb. 2013

RODA DOS ALIMENTOS

video
O apalpador que apalpaba barrigas dos nenos e nenas que comen san, trouxo moitas preguntas con él: Quen come san?, Porque precisamos comer todolos alimentos?, etc. Así fixemos menús e achegamonos a roda dos alimentos, clasificamos os alimentos, descubrimos dietas doutros paises,e moito máis.

VIAXE DA AUGA

Disfrutade do viaxe da auga con este fragmento do documental da BBC. Seguimos a investigar e descubrir este fascinante líquido. Na pestana do proxecto da auga.

5 feb. 2013

PIÑATA, PIÑÓN...

video
 O contido da piñata repartiuse desigualmente e aprendemos a ver as diferencias e o inxusto desta situación. Buscamos solucións e compartindo construimos un mundo máis xusto, menos desigual e máis feliz.

HOXE ALGO NO PELO E NOS OLLOS.